A Praza de Galicia acollerá a 15ª edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena, en colaboración co Concello de Narón
- Data: sábado 24 de maio
- Horario: a partires das 16:30 horas
Haberá xogos para tódalas idades:
- brilé
- pano
- chapa
- corda
- zancos
- aros
- carreiras de sacos
- tiro de corda
- baloncesto 3x3
- futbolín
- xogos infantís
Tamén se desenvolverá un Obradoiro de Construción de Xoguetes. Contarase ademais coa colaboración da Escola "Sobre Rodas" de patinaxe. As inscricións para participar nos xogos efectuaranse ata as 18:00 horas dese día. Ao finalizar a xornada, sobre as 19:00 horas, os nenos/as participantes recibirán un agasallo.
Así mesmo, e dada a precaria situación económica que están a sufrir moitas persoas, realizarase unha recollida de alimentos non perecedoiros a favor do Centro de Recursos Solidarios de Narón.