NOVAS

23 de novembro: celebramos o Día de Narón

Publicado o 22 de Novembro de 2013

O 23 de novembro é o día de Narón, sabíadelo?

Levamos 20 anos celebrando esta festividade local, foi no 93, o 14 de setembro dese ano acordouse nun pleno que esta data sería a escollida para establecer o Día de Narón.

Este ano 2013 prepararon dende o Concello de Narón un programa de actividades ben chulo! Hai unha carpa agardando por nós na Praza de Galicia! Queredes saber que sorpresas teñen para nós?

  • De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas: degustación gratuita de filloas. A empresa “Tartas Lestedo” traerá a Narón por segundo ano consecutivo unha máquina industrial, capaz de cociñar unha media de 1.300 filloas á hora. Serviranse acompañadas de chourizo. Ñam, ñam!
  • De 11:30 a 13:30 horas: Circuito de Karting para nenos/as.
  • Ás 12:00 horas: Actuación do grupo de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón.
  • De 16:30 a 18:00 horas: Actuación do grupo Canta Juegos (celebrarán unha festa para nenos/as na que poderán cantar e bailar as cancións infantís máis coñecidas).
  • Ás 18:30 horas: Actuación do grupo de música folk “Vai rañala”.

 

Ademáis, na carpa haberá espazo para que as asociacións de veciños expoñan as súas actividades e os traballos que realizan ó longo do ano.

Dende Dameuntoke facemos un chamamento a toda a Mocidade para que participe desta Festa Local organizada para celebrar o orgullo de pertencer a esta cidade, que conta nestes momentos con 39.804 habitantes.