NOVAS

2ª edición do Concurso de Fotografía "Imaxes con fondo"

Publicado o 12 de Setembro de 2014

Amig@s da fotografía!

Parece que esta semana temos en Narón un montón de actividades! Non só está o II Congreso Beautifulplanet, senón que tamén arrinca a 2ª edición do Concurso de Fotografía "Imaxes con fondo", promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (do que é membro o Concello de Narón).

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pon en marcha neste ano a segunda edición deste concurso, no que a solidariedade dentro da nosa propia sociedade e cos pobos do Sur volve a ser a temática a traballar.

Quen pode participar? As persoas maiores de 14 anos e que sexan residentes ou naturais de Galicia. Só precísase capacidade crítica, unha boa idea e ganas de compartila.

Que hai dos premios? @s participantes optarán ós seguintes premios:

 

  • Unha cámara fotográfica valorada en 450€
  • Unha viaxe solidaria ós proxectos do Fondo Galego en Nicaragua
  • Unha cesta de produtos de comercio xusto.
  • Un ciclo de cine de temática social.

 

Canto temos de prazo? As fotos deberán enviarse antes do 15 de novembro.

+ info? Tedes as bases nesta URL http://www.fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo

Sacade esas cámaras!