NOVAS

2ª Feira das Letras: 27, 28 e 29 de xuño

Publicado o 27 de Xuño de 2014

Esta fin de semana temos unha cita na Praza da Gándara: 2ª Feira das Letras. Esta feira está organizada polo Concello e os libreiros e libreiras de Narón.

En que consiste esta Feira das Letras? É un encontro de autor@s e ilustrador@s de libros galegos co público, para dar a coñecer o traballo destes artistas e achegar os libros á xente do noso pobo. Para esto hai previsto un programa de actos para o público infantil e adulto concentrado en dous días e medio nunha zona de alto tránsito de veciños e veciñas. 

 

  • Apertura: venres 27 ás 18:00 horas. O escritor David Pobra, un dos novos valores das letras galegas, abrirá a feira. A continuación a compañía de teatro Ghazafelhos poñerá en escena a obra infantil "Acuario", unha representación de marionetas e teatro de actores no que tamén participa a autora do libro, a escritora María Canosa, moi popular polas súa participación no programa "Verbas van" da TVG. Na mesma xornada do venres o escritor Natalio Gómez presentará "Horas polares" e David Pobra a súa primeira novela, despois dunha longa traxectoria como poeta, "Liña azul" (Edicións Xerais).
  • Sábado e domingo: Estes dous días haberá novas actividades, entre as que se encontran unha presentación musical do libro "Tanto encanto reunido", de Berros do Castro, e un recital de poesía erótica a cargo de Verónica Martínez Delgado e Alberto Momán.

 

As librerías participantes neste evento son:

 

  • Librería Day (A Gándara, Narón) 
  • Librería Galicia (Xuvia, Narón)
  • Librería Carpe Diem (Ares)