O municipio de Narón albergará os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño a IX Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ e as IV Xornadas de Turismo Activo, organizadas polo Moto Club Fojeteiros.
O evento foi presentado o pasado xoves 22 de maio en rolda de prensa polo presidente desta entidade, José López Quintián, quen estivo acompañado polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e as concelleiras de Deportes e Turismo, Natalia Hermida e María Rodríguez Porto. Agárdase a participación aproximada de 600 moteiros/as procedentes de toda Galicia e resto de España.
Durante os tres días que dura a Concentración Moteira, disporase dun lugar para a recollida de alimentos non perecedoiros cuxo destino será o Centro de Recursos Solidarios (CRS) do Concello de Narón.
O programa desta IX Concentración Moteira é o seguinte:
Venres 30 de maio
- 18:00 horas: Inauguración e apertura de inscricións e, mercadillo moteiro e atraccións infantís.
- 22:00 horas: Concertos musicais a cargo dos grupos da comarca “Emanens” e os “Trailer Park Boys Band”
Sábado 31 de maio
- 10:30 horas: Apertura de inscricións.
- 11:00 horas: Ruta mototurística ata o municipio de Moeche, onde se visitará o Castelo Medieval. Regreso ás 14:00 horas para comer.
- 17:00 horas: Exhibición acrobática no Polígono de Río do Pozo a cargo de Emilio Zamora, piloto oficial da escudería Ducati. Ó finalizar a súa actuación, sortearase entre o público asistente unha mini-moto firmada polo acróbata.
- Xogos populares durante a tarde no Paseo Marítimo de Xuvia, para tódolos públicos.
- 21:00 horas: Cea na carpa do Paseo Marítimo de Xuvia, e entrega de trofeos.
- 23:00 horas: Desfile dos fachos, ó longo da Estrada de Castela, na que se rende homenaxe ós compañeiros falecidos. Ó regresar, procederase á lectura do Conxuro da Queimada a cargo do Bruxo Xoan, con degustación gratuita para tódolos presentes.
- Festa moteira cos DJ’s Dreamer
Domingo 1 de xuño
- Desayuno moteiro
- 9:30 horas: I Ruta de Enduro (novidade este ano)
- 11:00 horas: Ruta Mototurística ata o Concello de Valdoviño
- 14:30 horas: Xantar na carpa, sorteo de regalos entre os inscritos e despedida.
Para ampliar a información, pódese contactar con Moto Club Fojeteiros no teléfono 697 269 102, ou visitar a súa web: www.motoclubfojeteiros.com