NOVAS

6ª Marcha Ciclista Escolar

Publicado o 20 de Maio de 2013

Non víchedes hai uns días un río de bicis pola Estrada de Castela? Mira que hai xente nova en Narón, eh! Sabedes que era? Era a 6ª Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón

O pasado 15 de maio, no Paseo Marítimo de Xuvia máis de 1200 escolares participaron no fin de festa desta 6ª Marcha Ciclista. A serpe multicor de Narón estivo formada por escolares de 3º a 6º de Primaria, entre 7 e 12 anos de idade, e por máis de 200 adultos: profes, pais e nais...

A choiva acortou a duración da xornada, facendo que rematase antes do previsto, pero aínda así houbo tempo para zampar o bocata e a bebida, escoitar a José Manuel Blanco, Alcalde de Narón e para bailar todos en grupo.

A ruta discurríu pola Estrada de Castela e nela participaron: o CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, Colexio Santiago Apóstol, CPI O Feal, CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, Colexio Jorge Juan, CEIP Ponte de Xuvia, Colexio Ayala, CEIP Maciñeira (de Neda) e Asociación Nuestra Señora de Chamorro.

Colaboraron nesta festa do deporte a Policía Local de Narón, Protección Civil de Narón, o Motoclub Fojeteiros (http://motoclubfojeteiros.com/) e clubes ciclistas da comarca. Entre todos eles coordinaron o dispositivo de tráfico, para que os xóvenes ciclistas poidesen circular sen problemas ó longo da marcha.

Quen a organizou? Esta actividade estivo organizada polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón (Pedro Caneiro e Simón Cabarcos) quen ó longo do curso se despraza ós centros escolares (dende Infantil ata Bacharelato) para ofrecer formación en seguridade vial ós alumn@s de Narón.

Ata a próxima querid@s ciclistas!!