NOVAS

7ª Marcha Ciclista Escolar: 6 de xuño

Publicado o 05 de Xuño de 2014

O Concello de Narón organizará o venres 6 de xuño a 7ª Marcha Ciclista Escolar, que partirá ás 10:00 horas da rotonda situada fronte ó Hipermercado Alcampo.

Cal será o percorrido? Dende a Estrada de Castela ata chegar ó Paseo Marítimo de Xuvia. Para regular o operativo de tráfico, cóntase coa axuda da Policía Local de Narón e do Moto Club Fojeteiros.

O evento deportivo foi presentado o pasado xoves 4 de xuño en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, xunto ó Xefe da Policía Local, Eduardo Pita, e o Equipo de Educación Viaria do Concello (Pedro Caneiro e Simón Cabarcos), quen organiza a Marcha Ciclista en colaboración coas ANPAS.

A relación dos colexios participantes é a seguinte:

 

  • CEIP A Solaina.
  • CEIP Virxe do Mar.
  • CPR Santiago Apóstol.
  • CPI O Feal.
  • CEIP A Gándara.
  • CEIP Piñeiros.
  • CEIP Jorge Juan.
  • CEIP Ponte de Xuvia.
  • CPR Ayala.
  • Colexio Nuestra Señora de Chamorro.
  • CEIP Maciñeira (Neda).


En conxunto, está prevista a participación aproximada de 1.200 nenos/as de 3º a 6º de Educación Primaria, que se dividirán en tres grupos dependendo da ruta a seguir, xuntándose todos eles no Paseo Marítimo de Xuvia entorno ás 11:15 horas, onde terá lugar un sorteo de camisetas entre os participantes.