NOVAS

8ª Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ e III Xornadas de Turismo Activo

Publicado o 31 de Maio de 2013

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, as Concelleira de Deportes e Turismo, Natalia Hermida e María Rodríguez Porto respectivamente, e a directiva do Moto Club Fojeteiros presentaron en rolda de prensa a VIII Concentración Moteira "Cidade de Narón’ "e as III Xornadas de Turismo Activo que se desenvolverán dende hoxe, día 31 de maio ata o domingo día 2 no Paseo de Xuvia.


O Moto Club Fojeteiros ten contabilizadas xa máis de 100 preinscripcións, aínda que se conta con moitos máis participantes xa que a inscrición pode facerse no momento. 

Canto costa? O prezo é de 30 € e inclúe almorzo, xantar e cea durante os días da concentración.

As actividades programadas para esta edición do 2013 son as seguintes:

Venres 31 de maio (paseo marítimo de Xuvia)

18:00 horas: Inauguración e apertura de inscripcións.

Mercadillo moteiro.

21:00 horas: Cea para inscritos.

21:30 horas: Concerto de Grupos Noveis. Concerto dos grupos Bus Brother Band e Riff Raff.

Sábado 1 de xuño

10:30 horas: Apertura de inscripcións.

Mercadillo moteiro.

10:45 horas: Ruta mototurística por Narón e Valdoviño.

13:00 horas: Xantar na ruta.

17:00 horas: Exhibición acrobática de Paulo Martinho, no aparcadoiro de camións do polígono de Río do Pozo.

21:00 horas: Cea na carpa.

23:30 horas: Ruta das antorchas, pola Estrada de Castela.

00:30 horas: Conxuro e queimada, polo bruxo Xoán. Entrega de trofeos.

01:00 horas: Festa moteira con Disk Bus.

Domingo 2 de xuño

10:00 horas: Almorzo moteiro.

10:45 horas: Ruta mototurística pola comarca.

14:30 horas: Xantar na carpa e sorteo de agasallos.

16:30 horas: Clausura.

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, felicitou á directiva do Moto Club Fojeteiros polo esforzo que fan á hora de organizar esta concentración, que conta coa axuda de máis de 100 voluntarios do Moto Club Fojeteiros para que todo saia segundo o previsto. “Queremos que a cidadanía salga ás rúas a participar e contemplar esta festa da moto, especialmente na Ruta das Antorchas. Pero dende o Concello tamén queremos incidir na importancia de que a xente colabore coa organización, cumplindo e respetando as normas para que non haxa ningún incidente” sinalou a edil de Deportes.

Cabe destacar que a Ruta das Antorchas realizarase na noite do sábado ó longo da Estrada de Castela, que estará pechada ó tráfico de 23:30 a 00:30horas. Ademáis do Moto Club Fojeteiros, colaborarán na organización a Policía Local de Narón e Protección Civil. Na pasada edición, participaron nesta ruta 800 motos coas súas respectivas antorchas.

A edición do ano pasado contou coa participación de perto de 12000 persoas que se achegaron a Xuvia a participar e disfrutar deste espectáculo sobre rodas. Este ano agárdase a presenza de moteir@s de toda España e Portugal.

A 8ª Concentración Moteira ten tamén un componente solidario. A maioría das actividades realizaranse nunha carpa de 1.500 m2 situada no paseo marítimo de Xuvia, na que se habilitará unha zona para a recollida de víveres, que a asociación Moteros Unidos entregará á súa vez a distintos Bancos de Alimentos.