NOVAS

8ª Marcha Ciclista Escolar: 8 de maio

Publicado o 05 de Maio de 2015

Máis dun millar de escolares participarán o venres 8 de maio na 8ª Marcha Ciclista Escolar, dende o Pazo da Cultura ata o paseo marítimo de Xuvia

Canto durará a marcha ciclista?

Esta nova edición terá lugar o venres 8 de maio, de 10:00 a 13:30 horas

Cal será o percorrido?

Sairán do exterior do Pazo da Cultura, e percorrerán a Estrada de Castela ata chegar ó paseo marítimo de Xuvia.

Quen participará?

Alumn@s de 3º a 6º de Educación Primaria seguintes colexios: A Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, O Feal, A Gándara, Piñeiros, Jorge Juan, Ayala e Maciñeira (este último de Neda). Ademais, participarán usuarios de Educación Especial da Asociación Nosa Señora de Chamorro, e nenos/as con mobilidade reducida dos colexios de Narón, que pedalearán en bicicletas de tres rodas (cedidas por Rosa López Losada, da Asociación ASCM).

O Concello conta coa colaboración das seguintes asociacións e empresas: Motoclub Fojeteiros, Escornabois, Asociación Vara e Pedal, Club Ciclista Beni Gym, Gadis, Coca Cola e CC Narón.