NOVAS

Aberta a convocatoria para financiar a grupos de mozos e mozas para participar no Evento Europeo da Mocidade 2023

Publicado o 12 de Decembro de 2022

O EYE (Evento Europeo da Mocidade) reúne a miles de mozos e mozas de toda a Unión Europea e doutras partes do mundo para que compartan e desenvolvan as súas ideas sobre o futuro de Europa desde o Parlamento Europeo en Estrasburgo ou en liña. A próxima edición realizarase o 9 e 10 de xuño de 2023 en Estrasburgo.

Trátase dunha oportunidade única para que mozos e mozas de entre 16 e 30 anos interactúen en persoa ou en liña, inspírense mutuamente e intercambien opinións con expertos/as, activistas, influencers e responsables da política, todo iso dende o corazón da democracia europea.

O Parlamento anima á mocidasde a solicitar apoio financeiro para participar no EYE2023. O prazo está aberto do 1 ao 20 de decembro. Darase prioridade aos grupos desfavorecidos, incluídas as persoas procedentes de contornas sociais e económicas desfavorecidas, persoas de zonas remotas e rurais e persoas con discapacidade

Como solicitar o apoio financeiro? Se formas parte dun grupo de mozos/as activo e comprometido co futuro de Europa podes solicitar unha axuda económica para asistir ao EYE 2023.

Podes atopar a convocatoria aquí https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/OMG_EYE2023.  Está dispoñible nos 24 idiomas oficiais da UE. Lembra que a data límite é o 20 de decembro de 2022.

Para saber máis sobre o EYE: https://european-youth-event.europarl.europa.eu/é/

CONCURSO

Queres gañar unha viaxe a Estrasburgo e vivir o Evento Europeo da Mocidade 2023? Demostra o que significa para ti ser #youngintheEU e terás a oportunidade de unirte a miles de mozos e mozas no próximo EYE.

  1. Grava un reel (en formato vertical e sen fotos) de máximo 10 segundos que nos ensine un momento da vida dun mozo que vive na Unión Europea, móstranos un momento do teu día, visitando o teu lugar favorito da túa cidade natal ou simplemente gozando das cousas que máis che gustan facer.
  2. Publica o reel antes do 11 de decembro no teu perfil de Instagram cunha breve descrición, utilizando o hastag #youngintheEU e etiquetando a @ep_eye no pé de foto.

Podes consultar as bases do concurso aquí: https://european-youth-event.europarl.europa.eu/en/home/youngintheeu/