NOVAS

Aberto o prazo de inscrición no “VII Trofeo Cidade de Narón de Ciclocross”

Publicado o 19 de Outubro de 2016

O edil de Deportes, Román Romero, presentou onte, 18 de outubro, esta proba acompañado polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; de Álvaro Rey, do Club Ciclista Cambre; de Mario Pita e Tamara Núñez, de Beni Gym Sport (Narón).

A competición deportiva comezará ás 14.30 horas no polígono industrial de Río do Pozo.  A saída está prevista das inmediacións do Hotel Valcarce, na rúa Ceramistas, 112.

A proba disputarase nun circuíto pechado duns dous quilómetros, dos que uns 300 metros son de asfalto e o resto sobre campo, con algúns obstáculos, tal e como explicaron desde a organización.

Haberá categorías de cadetes, júnior e élite masculina e feminina e tamén máster 30, 40 e 50. Ás 14.30 horas comezarán as carreiras, cunha inicial de promoción para os participantes de menor idade. A continuación terá lugar a primeira manga máster e cadete; as féminas e élite e junior na terceira manga. Ao remate da proba, sobre as 18.30 horas, procederase á entrega dos trofeos estipulados pola Federación Galega para este tipo de eventos deportivos.

Os que estedes interesadas/os podedes facelo, de balde (o único requisito é estar federado), ata o xoves día 20 ás 22.00 horas, a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo: www.fgalegaciclismo.es.

Para obter máis información podedes chamar aos números de teléfono 620 830 600 e 619 097 088.