NOVAS

Aberto o prazo de inscrición nun curso básico de Manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios que terá lugar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz

Publicado o 24 de Xaneiro de 2019

O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá un curso básico de Manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios, convocado pola Consellería de Medio Rural e dirixido a todas as persoas interesadas no sector

 As sesións desenvolveranse en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas durante cinco días, entre o 4 e o 8 de febreiro e terán unha duración total de 25 horas. A convocatoria deste curso require dun mínimo de vinte persoas, tal e como indicaron desde a administración autonómica.

Para solicitar máis información sobre esta acción formativa ou presentar as solicitudes poden chamar ao Concello de Narón, ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1123). As instancias entregaranse preferentemente no Rexistro do Consistorio, donde se tramitarán a través do Portelo Único para facerllas chegar á Consellería de Medio Rural.