NOVAS

Aberto o prazo de inscrición nunha actividade organizada polo Concello e a Asociación Virutas para aprender a construír peóns de madeira

Publicado o 20 de Abril de 2018

O Concello e a Asociación Virutas organizan na Ludoteca municipal da Solaina unha actividade na que as nenas e nenos de entre 3 e 12 anos aprenderán algunhas técnicas do torneado artístico en madeira, concretamente como se fan peóns.

Mercedes Taibo, explicou que a xornada terá lugar hoxe venres, día 20, e indicou que para poder participar é precisa inscrición previa(as prazas son limitadas), chamando ao número de teléfono da Ludoteca, o 981 389 284.

Taibo avanzou que a actividade se organizará en dúas quendas, unha para nenas e nenos de 3 a 6 anos, que terá lugar de 16.30 a 17.30 e outra para os de 7 a 12 anos, entre as 17.30 e as 18.30.

"Os participantes nesta actividade teremos a oportunidade de valorar o traballo que realizan os artesáns da madeira e que axuda a que esta labor continúe vixente no tempo, recuperando pezas que en determinadas ocasións marcaron a varias xeracións, como neste caso os peóns cos que xogaban as nenas e nenos", asegurou Taibo.