NOVAS

Aberto o prazo de inscrición os cursos "Habilita 2015"

Publicado o 09 de Marzo de 2015

Escoitade xentiña!O Concello de Narón abreu hoxe o prazo de inscrición para os cursos do programa “Habilita 2015”, dirixidos á veciñanza de Narón desempregad@s e que sexan maiores de 18 anos.

Onde presentar as solicitudes? Onde sempre! As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 13 de marzo (incluído).

Documentación? As solicitudes deberán ir acompañadas das fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar).

Que cursos se ofertan? A relación de cursos ofertados, todos de balde!, son os seguintes:

  1. Prevención de riscos laborais
  2. Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos
  3. Curso preparatorio para o obtención do permiso BTP
  4. Conversación en inglés
  5. “Falemos de negocios” con marketing nas redes sociais e posta en marcha de negocio on-line 
  6. Fontanería básica
  7. Cociña básica para hostalería
  8. Peixeiro/a

 

Ollo! Só se poderán solicitar dous cursos como máximo


Selección do alumnado? Por rigurosa orde de inscrición, ademais será necesario cumprir os seguintes requisitos para os seguintes cursos:

  • Falemos de negocios: achegar nun folio xunto coa solicitude, unha mínima explicación do seu proxecto de empresa (actividade a levar a cabo, en sociedade ou individualmente, previsión de constitución da empresa, como mínimo).
  • Conversación en inglés: dispor dun nivel mínimo de inglés, polo que haberá que superar unha proba de nivel entre as persoas admitidas.
  • Obtención do permiso BTP: un ano de antigüidade no permiso B e con puntos no carné de conducir.

 

Ademais, reservaranse tres prazas por curso para persoas consideradas en situación de risco de exclusión social, que serán derivadas polo Servizo Sociocomunitario. Non sendo posible cubrir estas prazas, quedaría vacantes para ser cubertas a través das solicitudes rexistradas por orde de inscrición.

Información Servizo Sociocomunitario:

  • Ángel Álvarez: Teléfono: 981 337 700 ext. 2602.
  • Ángela Lagoa: Teléfono: 981 337 700 ext. 1123.
  • Margarita Fresnillo: Teléfono 981 337 700 ext. 1120
  • Montse Garel: Teléfono: 981 337 700 ext. 1107

 

Podes descargar información adicional sobre estas accións formativas no seguinte documento: