NOVAS

Aberto o prazo de inscrición para asistir á sesión de contacontos "Un corazón a flor de pel"na Biblioteca Municipal

Publicado o 20 de Setembro de 2018

O contacontos Felipe Díaz, Caxoto, protagonizará o espectáculo infantil "Un corazón a flor de pel" que terá lugar o vindeiro sábado, día 22, nas instalacións da Biblioteca municipal

A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, anunciou que o prazo de inscrición abriuse o martes 18 de setembro, polo que animou ás persoas interesadas a reservar algunha das 25 prazas dispoñibles a facelo de modo presencial na Biblioteca –desde as 16.00 horas no mostrador da sala de adultos- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións (de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas).

 

A actividade diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos –que teñan o carné da Rede de Bibliotecas- e dará comezo ás 11.00 horas, tal e como indicou a edil naronesa, que explicou que con esta actividade se retoma o Programa Biblioespazo 2018.

 

Caxoto interpretará neste contacontos a un doutor que fará unha particular revisión médica aos asistentes, que se implicarán nesta proposta, cargada de emocións, realizando probas de diagnose dalgunhas doenzas.