NOVAS

Aberto o prazo de inscrición para o curso de "Competencias clave" nas materias de matemáticas, linguaxe e complementarias

Publicado o 03 de Abril de 2014

Estás inscrit@ nas probas oficiais de avaliación das competencias clave? Tes máis de 18 anos? Estás empadroad@ en Narón?

O Concello de Narón abre hoxe, 3 de abril, o prazo de inscrición para matricularse no Curso de "Competencias clave" nas materias de matemáticas, linguaxe e complementarias. O prazo permanecerá aberto ata esgotar as 25 prazas.

Este curso está organizado polas concellerías de Formación Laboral e Emprego, Educación, a través do Servizo de Normalización Lingüística e Igualdade de Narón.

Onde facer a inscrición? A solicitude de inscrición se efectuará no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 13:30 horas, en formulario oficial.

Requisitos para solicitar o curso preparatorio:

  • Presentar no Rexistro a copia de inscrición da persoa interesada para participar nas probas oficiais de avaliación nas competencias clave
  • As persoas interesadas deberán estar empadroadas en Narón
  • Ser maiores de 18 anos

 

As 25 prazas se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello.

Cando comeza? A acción formativa comezará o luns 7 de abril e finalizará o 23 de maio, cun total de 60 horas de formación. Se impartirá no Centro Municipal de Formación de A Gándara, en horario de tarde. Para máis información, pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal (Teléfono: 981337700 ext. 1113, 1123 e 1107).