NOVAS

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o bono-bus universitario ao campus da Coruña

Publicado o 10 de Setembro de 2020

As subvencións cubren o 50% do bono-bus para o transporte diario ás facultades

O Concello abre este xoves o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña (UDC), no Campus da Coruña, durante o curso académico 2020/2021. As subvencións cubren o 50% do bono-bus para o traslado diario dos universitarios ao campus da UDC e poderán solicitarse ata o 30 de setembro, incluído, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A edil avanzou que a partida global do Concello para estas subvencións para o curso 2020/2021 ascende a 24.585 euros.

As persoas beneficiarias destas bonificacións deben estar empadroadas en Narón, figurar como matriculadas na Universidade da Coruña —campus da Coruña—, non superar os umbrais de renda establecidos anualmente polo Ministerio de Educación e cumprir todos os requisitos desta convocatoria, que se poden consultar na páxina web do Concello

As tramitacións destas bonificacións poden realizarse a través do Rexistro municipal —de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas— co modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar. Así mesmo, pódese facer a través doutros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.