NOVAS

Aberto o prazo para anotarse na Liga entre parroquias e barrios do programa 100.000 Motivos de Peso

Publicado o 21 de Xaneiro de 2019

O Concello de Narón remitiu unha carta ás entidades veciñais da cidade co fin de informarlles dunha nova proposta enmarcada no programa 100.000 Motivos de Peso

Os barrios e as parroquias do municipio terán un papel protagonista a través da Liga Motivos de Peso, unha competición entre aqueles colectivos veciñais interesados en participar. O doutor e impulsor deste programa, Carlos Piñeiro, e a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, reuniranse proximamente coas entidades da cidade para informalas máis polo miúdo das probas a realizar.

Nun principio, tal e como se lles trasladou ás asociacións, recordou a concelleira de Participación Cidadá é preciso formar equipos de dez persoas –veciños e veciñas de Narón que teñan cumpridos os 16 anos- e nomear a un líder ou portavoz en cada un dos grupos. Serán as propias entidades as que deban remitir o nome, apelidos e DNI dos participantes ao Concello, a través do correo electrónico: participacioncidada@naron.es cos listados pechados e o nome do líder do equipo. Este requisito poderán facelo ata o día 25 deste mes, para así poder convocar en febreiro, según as previsións iniciais, aos representantes dos grupos para explicarlles as accións a levar a cabo nesta Liga Motivos de Peso, á que xa se anotaron varias persoas da cidade.

As veciñas e veciños que participen recibirán unha ficha na que se detallarán un total de dez retos que deben acadar. Para logralo ofreceránselles as explicacións oportunas de que facer e como conseguilo, xa que serán eles mesmos os encargados de realizar un seguemento do seu propio equipo. 

Persoal sanitario, nutricionistras e cociñeiros asistirán a unha xornada conxunta de formación que se convocará no marco desta nova iniciativa do programa 100.000 Motivos de Peso, que conta xa cuns 4.700 persoas inscritas e que lograron baixar, en conxunto, máis de 40.000 kilos dos 100.000 que se marcou o reto para un prazo de dous anos. 

A concelleira de Participación Cidadá convidou ás veciñas e veciños a anotarse na Liga Motivos de Peso, para “entre todos e todas alcanzar ese reto deste programa que nos permitirá gañar calidade de vida, adquirir hábitos saudables e tamén colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón, doando en alimentos non perecedoiros a mesma cantidade de peso perdido en conxunto”.