NOVAS

Aberto o prazo para presentar solicitudes de subvencións para entidades deportivas de Narón

Publicado o 01 de Xullo de 2014

Traballas na promoción do deporte no Concello de Narón? É a hora de presentar as solicitudes para as subvencións municipais...

O Concello de Narón abriu onte o prazo de presentación de solicitudes de subvención para asociacións, entidades e clubs de ámbito municipal, no eido do deporte. O goberno municipal destinará un total de 30.000 euros a este fin.

Onde podo facelo? As solicitudes poderán retirarse nas oficinas do Servizo de Deportes (situado no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara) en horario de 9:00 a 13:00 horas, e unha vez cubertas deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de presentación das instancias é de 30 días naturais.

Tamén as podes descargar da web! As solicitudes tamén poderán atoparse na web do Padroado de Deportes (www.padroadodeportesnaron.com), dentro do banner “Subvencións deporte 2014”, onde os interesados poderán cubrila e imprimila para a súa presentación no Rexistro Xeral do Concello, nos prazos sinalados anteriormente.