NOVAS

Aberto o prazo para solicitar unha praza nos ciclos formativos

Publicado o 18 de Xuño de 2015

Dende o 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar unha praza nos ciclos formativos que se imparten en Galicia

Cantas formas existen de cursar estas ensinanzas? Existen tres formas que son réxime ordinario, réxime para as persoas adultas na modalidade presencial e réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia.

Que é o réxime ordinario? Este réxime está organizado en cursos, normalmente dous, en quendas de mañá e tarde. A asistencia ás clases é obrigatoria. O alumnado que estea en condicións de pasar a segundo curso deberá realizar unha solicitude de admisión aínda que terá a praza garantida sempre que sexa no mesmo centro, mentras que o alumnado que repita tamén terá que facer unha nova solicitude de admisión aínda que terá a praza garantizada sempre que repita por primeira vez no mesmo centro e ciclo.

E o réxime para as persoas adultas na modalidade presencial? Está organizado en modulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso, as clases serán pola tarde-noite, a asistencia é obligatoria. Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo. Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo. Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo aprobado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

E o réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia? Está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso, a asistencia ás titorias e aos eventos formativos non é obrigatoria pero si recomendable. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instruccións do titor do curso. O alumno pode matricularse ainda sen cumprir os requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo. Para obter o título será preciso cumprir os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo. Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión.

Que necesitamos para que nos admitan nun ciclo de grado medio? Para saber os requisitos que necesitamos para a admisión nun ciclo temolos na seguinte páxina http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-medio

E para un ciclo superior? Na seguinte páxina web temos toda a información http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-superior

Qué ciclos podemos estudar en Galicia? Temos toda a información na seguinte páxina http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp