NOVAS

Ábrese o prazo de inscrición na Biblioteca municipal no contacontos para bebés Qué animaliño é? e nun Obradoiro para persoas adultas, Cómo contar contos?

Publicado o 16 de Outubro de 2020

O contacontos Qué animaliño é? dará a coñecer os distintos animais a bebés de 0 a 3 anos, e o Obradoiro Cómo contar contos amosará técnicas básicas da narración oral ás persoas adultas interesadas

A Biblioteca pública municipal abre a partir desta tarde ás 16.00 horas o prazo para inscribirse no contacontos infantil Qué animaliño é? que terá lugar o sábado 17 de outubro ás 11.00 horas, con Trémola Teatro, para bebés de 0 a 3 anos. Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos/as da casa poidan coñecer os distintos animais. Qué animaliño é?, é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.

A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, informou de que, así mesmo, a partir do mércores 14 de outubro ás 16.00 horas abrirase o prazo de inscrición nun obradoiro formativo en narración oral, Cómo contar contos, dirixido a persoas adultas e que terá lugar o mércores 21 de outubro. A través de dinámicas e exercicios as persoas participantes aprenderán as técnicas básicas da narración oral. Taibo animou á participación da cidadanía nestas novas actividades que seguen os protocolos recomendados por Sanidade como prevención da Covid-19.

As inscricións deberán efectuarse no mostrador da sala de adultos/as na Biblioteca pública municipal ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.