NOVAS

Ábrese o prazo de inscrición para "Habilita II 2014": 29 de setembro

Publicado o 22 de Setembro de 2014

O programa "Habiita II 2014" é unha iniciativa formativa destinada a veciñ@s de Narón maiores de 18 anos. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 29 de setembro e permanecerá aberta ata o 4 de outubro de 2014.

A presentación de instancias farase no Rexistro Xeral do Concello de Narón:

  • de 8:30 a 13:00 horas os días 29 e 30 de setembro

  • de 8:30 a 13:30 horas a partir do 1 de outubro.

 

A documentación a presentar é a seguinte: solicitude + fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar). O formulario de solicitudes está dispoñible no Rexistro Xeral.

A selección do alumnado será po rigurosa orde de inscrición, agás o curso de aerografía, que será necesario ademais a realización dunha proba, para ser admitid@. 

Na inscrición poderase indicar a orde de preferencia das accións formativas, se hai interese en máis dunha. Esgotadas as prazas nun curso, optaríase a unha segunda opción existindo prazas vacantes.

Precisades máis información?

Información Servizo Sociocomunitario: 

  • Ángel Álvarez. Teléfono: 981 337 700 ext. 2602. 

  • Ángela Lagoa. Teléfono: 981 337 700 ext. 1123.

  • Montse Garel. Teléfono: 981 337 700 ext. 1107

Os cursos que se ofertan son os seguintes:

 

Ámbito interprofesional

 

Denominación

Lugar

Núm. alumnos/as

Núm. de horas

Núm. de accións

Horarios e datas previstas

Prevención de riscos laborais

Centro municipal de formación “Irmás Froilaz” (A Gándara)

20

60

2

1ª edición: Do 13 ao 28 de outubro.

2ª edición: Do 29 de outubro ao 13 de novembro.

De 9 a 14 horas, L-V

Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos

Centro municipal de formación “Irmás Froilaz” (A Gándara)

20

6

2

1ª edición: 20 de novembro

2ª edición: 21 de novembro

De 8 a 14 horas, L-V 

 

Ámbito de iniciación para o emprendemento

Denominación

Lugar

Núm. alumnos/as

Núm. de horas

Núm. de accións

Horarios e datas previstas

Aerografía* (necesidade de superar unha proba)

Escola de artes e oficios Avatar (Pg. Río do Pozo)

10

60

1

Do 13 de outubro ao 7 de novembro. De 10:30 a 13:30 horas, L-V.

* Será necesario superar unha proba prevista inicialmente, para os días 8 e 9 de outubro, no centro municipal de formación “Irmás Froilaz” (A Gándara)