NOVAS

Ábrese o prazo para de cursos de formación para desempregad@s no programa "Habilita II+"

Publicado o 14 de Novembro de 2014

Se estás no paro, tes máis de 18 anos e es veciñ@ de Narón a partir do luns poderaste inscribir nos dous novos cursos para desempregad@s que se ofertan dentro do programa "Habilita II +".

Se estás no paro, tes máis de 18 anos e es veciñ@ de Narón a partir do luns poderaste inscribir nos dous novos cursos para desempregad@s que se ofertan dentro do programa "Habilita II +".

Cal é o prazo de inscrición? O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o luns día 17 de novembro ao 21 deste mesmo mes. 

As persoas interesadas deberán cubrir e presentar a solicitude (xunto coas fotocopias cotexadas da Tarxeta de Demandante de Emprego e NIF) no Rexistro Xeral do Concello, de 8:30 a 13:30 horas. 

A selección do alumnado realizarase por rigorosa orde de inscrición. No caso de estar interesadas en máis dunha acción formativa, as persoas solicitantes deberán indicar a orde de preferencia, xa que esgotadas as prazas nun curso, optaríase a unha segunda opción existindo prazas vacantes. 

Onde se van a desenvolver? Ambos cursos se desenvolverán no Centro Municipal de Formación "Irmáns Froilaz" (A Gándara).

Cantas prazas hai? Contades con 15 prazas dispoñibles en cada un deles.

Que cursos son? Os cursos ofertados son os seguintes:

  • Curso preparatorio do exame BTP. Haberá dúas edicións: do 24 de novembro ó 5 de decembro, e do 9 ó 22 de decembro. Horario: de luns a venres, de 8:00 a 11:00 horas. Duración: 40 horas. Para realizar este curso, o alumnado precisa dispoñer dun ano de antigüidade no permiso de conducir B.
  • Curso de iniciación á soldadura de electrodo revestido e semiautomática. Se celebrará do 25 de novembro ó 23 de decembro. Horario: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Duración: 100 horas.

 

Precisas máis información? Podes contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensión 1123- Ánxela).