O Concello continúa desenvolvendo no verán o programa de actividades extraescolares PROMEDEX
O Concello continúa desenvolvendo no verán o programa de actividades extraescolares PROMEDEX
A Concellería de Educación de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, promoveu durante o pasado curso escolar (2010-2011) o programa PROMEDEX –a través dunha axuda concedida pola Xunta de Galicia- nos centros escolares públicos do municipio.
Trátase dun programa de actividades extraescolares, que desenvolveuse dende outubro ata xuño, aínda que algunhas destas accións continúan nos meses de verán, dada a demanda rexistrada por parte dos alumnos/as. É o caso do “Obradoiro numeletras”, de reforzo das áreas de matemáticas e lingüística, que se está a desenvolver no CEIP de A Gándara a petición do centro escolar. Tamén ofrécese ós alumnos de Educación Secundaria (ESO) o Obradoiro Exprésate, no que foméntase a creatividade e o pensamento crítico a través da técnica do graffiti.
Algunhas das actividades incluidas en PROMEDEX durante o pasado curso escolar foron as seguintes: Inglés para educación infantil e primaria, Xogo popular, e Reforzo educativo a través das novas tecnoloxías. Ademáis, ofertouse unha actividade dirixida ós pais e nais do alumnado, a Escola de Pais e Nais, que comenzou en outubro de 2010 e dada a boa acollida que tivo, continúa durante os meses de verán (de xuño a setembro).
En conxunto, participaron no programa PROMEDEX 350 alumnos/as e 50 pais e nais de Narón. Os centros educativos participantes foron os seguintes: CEIP A Solaina, CEIP Ponte de Xuvia, CRA, CEIP A Gándara, CPI O Feal, CEIP Piñeiros, CEIP Virxe do Mar, IES Telleiras, e IES Terra de Trasancos.
O importe total do programa PROMEDEX ascendeu a 33.394€, e foi financiado entre o Concello e a Xunta de Galicia.