NOVAS

Actividades para celebrar o Entroido 2014

Publicado o 24 de Febreiro de 2014

O Concello de Narón celebrará o Entroido 2014 cunha semana repleta de actividades culturais, lúdicas e gastronómicas.

As actividades comezarán o vindeiro 27 de febreiro e durarán ata o 5 de marzo. Xa non queda nada para a festa!

Que actividades hai programadas?

  • Narón Gastronómico, do 27 de febreiro ó 5 de marzo. Concurso gastronómico de degustación gratuíta de tapas elaboradas con produtos típicos do Entroido. Xunto coa consumición, as tapas poderán degustarse nun total de 29 establecementos de hostalería: bares, mesóns e restaurantes. Ademais, haberá premios para os establecementos (un xurado elixirá as tres mellores tapas e os seus creadores recibirán premios económicos) e clientes (sorteo de 5 ceas para dúas persoas nos locais adheridos). Máis información: http://www.naron.es/web/cat/entroido-gastronomico

 

  • Comparsas na rúa, o xoves 27 de febreiro e o sábado 1 de marzo (logo do festival)

 

  • 10ª Festa do Cocido de A Gándara, o sábado 1 de marzo na Casa da Mocidade. O xantar estará composto por: sopa, lacón, orella, chourizo, costela, grelos, garbanzos, patacas, pan, e viño ou auga. Sobremesa: torradas de anís e café. As comparsas animarán a sobremesa ata as 17:00 horas, que sairán en desfile cara ó Pazo da Cultura. Prezo: 13 € para socios e 16 € para non socios. O aforo é limitado (500 persoas), e as entradas poderán retirarse ata o sábado 22 de febreiro no local social de A Gándara, de 18 a 20 horas.

 

  • Festival de Comparsas, o sábado 1 de marzo no Pazo da Cultura de Narón, a partires das 18:00 horas. As invitacións son de balde e poderán retirarse nas billeteiras do Pazo a partir do luns 24 de febreiro. Daranse un máximo de 4 invitacións por persoa.

 

  • Tapeo do entroido en bici, o domingo 2 de marzo. Farase un percorrido en bicicleta, no que @s ciclistas poderán ir disfrazad@s ou ben disfrazar a súa bici. A saída será ás 11:00 horas da Avenida de Cataluña (xunto ó CC Odeón) e chegarase ás 14 horas ó mesmo punto. Ó longo de tres horas, realizaranse diversas paradas en establecementos de hostalería para degustar as tapas participantes no Entroido Gastronómico de Narón.

 

Que locais participan no Entroido 2014?

  1. Zona Urbana: A Parrillada do Mercado, Bar O Faro, Bar Ortegal, Bar Terra-Chá, Cervecería Australian, Cervecería El Mercado, Cervecería Indalo, Cervecería New Orleans, Cervecería O Druída, Cervecería O Paseo, Estrela do Ponto, Excellsior, Gastrobar Piñeiros, La Barra de Oro, Mesón O Alecrín, Mesón O Fogar, Mesón O Perdidiño, Mesón O Pío, O Petisco, O Recanto, Restaurante Fortunato, Romero II, e Vinatería Philadelphia.
  2. Zona rural: Café Bar Marinito, Restaurante 3 Pes, Restaurante A Trasanquesa, Casa Pendás, Romero I, e Xatova.

 

Que? Imos, non? Ide "tunenado" as bicis e preparando os disfraces!