O alumnado seleccionado terá que comprometerse a cumprir as normas do itinerario formativo.
Proxecto formativo: Curso de soldadura TIG e MIG.
Destinatarios/as: desempregados/as empadroados/as no Concello de Narón, maiores de 16 e menores de 30 anos e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O requisito do empadroamento será verificado o último día do prazo de presentación de solicitudes e o da idade terá que cumprirse no primeiro día do curso.
Colectivos preferentes: desempregados/as de longa duración; de orixe estranxeira; con diversidade funcional; de etnia xitana.
Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Narón, ou por calquera outro medio dos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Prazo de solicitudes: Desde o 11 de xuño ás 8:30 horas ata o 6 de xullo de 2018 ás 13:00 horas.
Formulario de solicitudes: Dispoñible no Rexistro Xeral e na Sede Electrónica do Concello de Narón.
Documentación a presentar coa solicitude: Certificado de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (expedido polo Servizo Público de Emprego).
Selección do alumnado:
- Comprobación dos requisitos de acceso (fase eliminatoria).
- Baremación. Valorarase a pertenza a algún dos colectivos de preferencia (só se valorará a pertenza a un dos colectivos), a formación académica, a formación complementaria, a experiencia profesional e a antigüidade no desemprego, segundo os criterios que se acompañan.
-
Entrevista personalizada. As persoas solicitantes serán chamadas telefonicamente para a realización da entrevista. As entrevistas poderanse iniciarse durante o prazo de solicitudes.
Documentación a presentar, no momento da entrevista:
- Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego, DNI/NIE (ou similar).
- Currículo Vitae.
- Documentación que acredite o colectivo/s que pertence, de ser o caso:
- Certificado do Servizo Público de Emprego (Desempregados/as de longa duración).
- Documentación de Identidade (desempregados/as de orixe estranxeira).
- Certificado de minusvalía Xunta de Galicia (desempregados/as con diversidade funcional).
- Informe social (desempregados/as de etnia xitana).
-
Proba de aptitude médica. O alumnado provisionalmente seleccionado, realizará obrigatoriamente un recoñecemento médico de balde (xestionado polo concello) no que deberá obter o resultado de apto para ser finalmente admitido no curso. Se fora o caso de que algunhas destas persoas non superara o exame de saúde, serán substituídas polas persoas suplentes, seguindo a orde de valoración acadada.
Admitidos/as: Comunicarase telefonicamente a admisión aos participantes despois de superado o recoñecemento médico e antes do inicio do curso, sen prexuízo da notificación na forma elixida na solicitude. Ademais, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello o listado valorado das persoas admitidas, suplentes e excluídas.
O alumnado seleccionado terá que comprometerse a cumprir as normas do itinerario formativo.
O concello resérvase a posibilidade de anular esta acción formativa no caso de que non se cubra o 90% da participación prevista.
Para máis información, contactar coas seguintes persoas do Servizo Sociocomunitario:
Angel Alvarez: 981 337 700, ext. 2602
Angela Lagoa: 981 337 700, ext. 1123
Margarita Fresnillo: 981 337 700, ext. 1120
Montse Garel: 981 337 700, ext. 1107
E na sección de servizos, formación e actividades municipais da páxina web do Concello.
Información detallada do proxecto formativo:
Código do curso: 008.
Denominación: Proxecto Formativo “Mocidade Narón Activa 4.0” (Curso de soldadura TIG e MIG).
Lugar de realización: Centro Municipal de Formación (A Gándara) e empresas de prácticas.
Número de participantes: 15, (12 homes e 3 mulleres).
Colectivos:
- 10 participantes desempregados de longa duración.
- 3 participantes de orixe estranxeira.
- 1 participante con diversidade funcional.
- 1 participante de etnia xitana.
Módulos do itinerario profesional:
- Curso básico de prevención de riscos laborais: 60 horas
- Prevención de riscos laborais no sector naval: 8 horas
- Medio ambiente no sector naval: 8 horas
- Formación específica soldadura TIG e MIG: 400 horas
- Inglés: 80 horas
- Novas tecnoloxías de información e comunicación: 28 horas
- Formación para a igualdade: 10 horas
- Habilidades para a adaptación ao posto de traballo: 10 horas
- Prácticas profesionais non laborais: 80 horas
Horas Totais: 684 horas.
Datas previstas: Agosto a novembro de 2018, en horario de mañá e tarde.
Información sobre os criterios de avaliación para a selección dos participantes:
Fase 1: Inscrición e comprobación dos requisitos de acceso (fase eliminatoria)
Fase 2: Baremación. Ata 25 puntos
- Pertenza a algún dos colectivos descritos: 5 puntos. (só se puntúa a pertenza a un dos colectivos).
- Formación académica. Ata un máximo 5 puntos.
- Formación complementaria (nos últimos 5 anos). Ata un máximo 5 puntos.
- Experiencia profesional demostrable. Ata un máximo 5 puntos.
- Antigüidade actual no desemprego. Ata un máximo 5 puntos.
Fase 3.- Entrevista personalizada, máximo 35 puntos, que versará sobre os seguintes aspectos:
- Coñecementos do sector profesional: Ata un máximo 5 puntos.
- Adecuación ao perfil demandado polas empresas do sector. Ata un máximo 10 puntos.
- Expectativas laborais. Ata un máximo 5 puntos.
- Dispoñibilidade para cumprir con toda a execución do itinerario. Ata un máximo 5 puntos.
- Valoración da actitude e motivación. Ata un máximo 10 puntos.
Fase 4: Proba de aptitude médica (fase eliminatoria)