NOVAS

Ampliado ata o 19 de maio o prazo para as bolsas para a mobilidade Séneca

Publicado o 18 de Maio de 2011

O Ministerio de Educación convoca 2.224 bolsas dentro do programa de subvencións para a mobilidade de estudantes universitarios  Séneca para o curso académico 2011-2012.

O Ministerio de Educación convoca 2.224 bolsas dentro do programa de subvencións para a mobilidade de estudantes universitarios  Séneca para o curso académico 2011-2012.

Poderán acollerse a este programa os estudantes matriculados en universidades españolas ou en centros de educación superior, que se achen cursando os estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais de Grado, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto ou os de Diplomado, Enxeñeiro ou Arquitecto Técnico, e obtivesen unha praza na convocatoria SICUE para o curso académico 2011-2012.

A duración da bolsa será dun máximo de nove meses e mínimo de cinco e estará comprendida entre o 1 de outubro de 2011 e o 30 de xuño de 2012.

As bolsas terán unha contía de 500 € mensuais.

Concederase unha subvención de viaxe única de 120 € a cada beneficiario. Para os estudantes que se despracen dende ou a universidades situadas en Comunidades Autónomas insulares, así como dende ou ás Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, esta subvención de viaxe será de 200 €.
O formulario para solicitar as bolsas está dispoñible en https://sede.educacion.gob.es

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de maio de 2011.

Máis información no BOE do 27 de abril e en www.educacion.es

Fuente: http://xuventude.xunta.es/201105183269/ampliado-ata-o-19-de-maio-o-prazo-para-as-bolsas-para-a-mobilidade-seneca.html