Os novos usuarios se alternarán cos grupos que xa están a pleno funcionamento nesta instalación, e que en total suman –cos tres novos grupos- de 359 persoas.
A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de crear neste mes de marzo dous novos grupos de natación na piscina terapéutica do complexo polideportivo municipal de A Gándara. En concreto, trátase dun grupo de Natación para bebés (con 10 novos usuarios) e outro grupo de Recuperación Funcional, ós que se unirá en abril un tercer grupo de Natación Terapéutica (con outros 10 usuarios).
Os novos usuarios se alternarán cos grupos que xa están a pleno funcionamento nesta instalación, e que en total suman –cos tres novos grupos- de 359 persoas.
A relación de grupos que empregan na temporada 2011-2012 a piscina terapéutica (os que habería que unir os tres novos grupos) é a seguinte:
- Natación para persoas con diversidade funcional (con monitor individual): 40
- Natación terapéutica: 183
- Matronatación: 14
- Natación Afaes Porta Nova: 12
- Natación Asociación Española contra o Cancro: 4
- Natación Asociación Minusválidos Narón: 10
- Natación Asociación Nosa Señora de Chamorro: 34
- Ximnasia contra a Fatiga Oncolóxica (AECC): 6
- Ximnasia Asociación “Afaes Porta Nova”: 21
- Pista asociación “Afaes Porta Nova”: 14
TOTAL: 338
Dende o Padroado de Deportes de Narón infórmase que, como consecuencia do incremento de actividades na Piscina Terapéutica, se incrementará tamén o servizo de socorrismo na mesma. Deste xeito, a instalación contará con dous socorristas, o que aportará unha maior seguridade ás actividades acuáticas.
Aberta ó público no ano 2009, a Piscina Terapéutica ten unha dimensións de 4,75 x 6,65 metros e está dedicada principalmente á recuperación funcional, natación de usuarios/as con movilidade reducida, natación para bebés, ximnasia acuática e uso libre.