NOVAS

Anímate e participa os días 28-29 de Novembro nas actividades da Cooperativa do Val (Narón-A Coruña)

Publicado o 27 de Novembro de 2014

Entre as 18:00h e as 18:15h haberá un pequeno descanso, para rematar cunha mostra de elaboración e venta de fariñas as 19:00h.

O venres día 28 entre 16:30h e as 17:00h será o pistoletazo de saída da xornada da man de José Mª Castro Leirachá. Xerente Coop. do Val e Sagrario Bellón Hermida. Secretaria Asoc. TerraRendible. Posteriormente ata as 18:00h Luis Urquijo Zamora do CIAM (Centro Investigacións Agrarios Mabegondoas  desvelará cal é O cereal de Inverno.

Entre as 18:00h e as 18:15h haberá un pequeno descanso, para rematar cunha mostra de elaboración e venta de fariñas as 19:00h. 

sábado 29 de 10:00h a 11:0h para abrir boca información sobre a mazá de mesa e sidra, posta en marcha de plantacións que se dan a coñecer por parte dos Productores de mazá de AFRUGAL. De 11:00h a 11:45h explicación sobre o funcionamento do cooperativismo na explotación de mazá de sidra con Rafael Soto da Cooperativa Ullama da Estrada.

Entre as 11:45h e as 12:15h breve descanso.

De volta as 12:15h presentarase a unha gran Inimiga do Medio Ambiente, a vespa velutina por parte de Rafael M. Díaz da Asociación Galega Apícola (AGA). As 13:15 o interesante cultivo alternativo do arándano con Rafael Sabino I. T. Agrícola, ata as 14:00.

broche final será a partir das 16:30 co Obradoiro de Cervexa Artesanal (que require PREVIA INSCRICIÓN) coa presenza de Miguel Soto e Elías Sixto ambos Cervexeiros Caseiros. 1º Premio do AsturiesBeer Festival 2014 e 3º Premio de Cervexas de Estilo Xermánico.

A I Xornada Ruralíza-Te pretende:

- O desenvolvemento, dinamización e creación de emprego no Rural.

- Mostrar a posibilidade de otros cultivos alternativos en terreos agrícolas e forestais.

- Abrir portas para visitar plantacións de mazá de sidra e de mesa, de arándano e cereais.

- Sensibilizar da incidencia da vespa velutina no medio ambiente.

- A recuperación de procesos artesanais de produción a partir de cereais (obradoiro de cervexa).

A Asociación Agroforestal TerraRendible abrirá un lista para aqueles interesados en visitar instalacións, plantacións, valoracións de posibilidade de cultivos nas súas fintas... máis información: http://terrarendible.blogspot.com.es/ ou terraendible@gmail.com Tlfnos. 666219578 ou 687709226.

Esta xornada é posible grazas o programa de subvencións de agricultura dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2014 FO028A, da Deuptación da Coruña.