NOVAS

Apertura do prazo de inscrición nunha actividade infantil con música en directo a cargo de A Banda do Garaxe

Publicado o 17 de Setembro de 2019

A Biblioteca municipal retomará o vindeiro sábado, día 21, as actividades do programa Biblioespazo 2019

A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, anunciou que a primeira das citas consistirá nunha actividade infantil con música en directo que protagonizarán, a partir das 11.00 horas, os integrantes de A Banda do Garaxe, formación da Agrupación Musical Cultural Sementeira. Este obradoiro diríxese a nenas e nenos a partir de catro anos que, tal e como indicou a edil naronesa, deben reservar praza –a partir de hoxe ás 16.00 horas- para poder asistir. As reservas tramítanse na propia Biblioteca municipal, no mostrador da sala de adultos, ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións. Para participar é preciso que os menores teñan o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.

Os mozos e mozas de Narón e comarca que integran A Banda do garaxe cobrarán especial protagonismo nesta actividade. Serán eles os que se desprazarán o sábado á Biblioteca municipal con instrumentos musicais para explicarlles aos nenos e nenas que acudan ao obradoiro as súas características máis importantes e tamén lles contarán as súas experiencias no mundo da música. O jazz, un xénero instrumental baseado na improvisación centrará esta proposta.