Durante este curso impartiranse clases de guitarra, batería e piano para mocidade de entre 12 e 30 anos
A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, abriu o venres 16 de outubro o periodo de inscrición para asistir ás clases da Escola de Música Moderna, situada na Casa da Mocidade, na Gándara, para o curso 2020-2021. As persoas interesadas poden apuntarse –ata esgotar prazas- no Rexistro, situado na pranta baixa do Concello.
O Concello tamén ofrece Aulas de Ensaio para os grupos de música. Para solicitar ditas aulas, como mínimo un dos integrantes do grupo deberá ser de Narón e os ensaios estarán operativos de luns a sábado, un máximo de 3 horas á semana por grupo.
As clases de guitarra ofrecen un total de doce prazas, 4 prazas por grupo e se corresponden con niveis de iniciación (grupos I y II) e perfeccionamento ( grupo III). Un grupo de iniciación asistirá os luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas e outro os luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas. O grupo de perfeccionamento de guitarra levarase a cabo os martes de 19:00 a 21:00 horas.
Nas clases de batería hai oito prazas dispoñibles, as sesións para o grupo de iniciación serán os luns e xoves de 20:30-21:30 horas e para o grupo de perfeccionamento os venres de 16:00 a 18:00 horas.
As clases de piano, tamén con oito prazas, terán un horario para iniciación os martes de 16:00 a 18.00 horas e un horario para perfeccionamento de piano os xoves de 16:00 a 18:00 horas.
Todas as clases desenvolveranse na Casa da Mocidade e terán un coste de 8,15 €/mes por persoa, darán comezo no mes de novembro e rematarán no mes de maio, no caso dos instrumentos, e no mes de xullo no caso das aulas de ensaio. Todas as actividades gardarán as medidas hixiénico-sanitarias de prevención do COVID-19 e contarán cun protocolo de seguridade.