A Concellería de Formación Laboral e Emprego, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de convocar a segunda edición do programa municipal de formación “Camiño Integrado de Emprego”. Trátase dun obradoiro destinado a desempregados empadroados en Narón, de entre 18 e 60 anos de idade.
A Concellería de Formación Laboral e Emprego, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de convocar a segunda edición do programa municipal de formación “Camiño Integrado de Emprego”. Trátase dun obradoiro destinado a desempregados empadroados en Narón, de entre 18 e 60 anos de idade.
- Fontanería: montaxe, instalación e reparacións interiores de auga fría e quente.
- Iniciación á carpintería de madeira para traballos de reparación.
- Limpeza de edificios e instalacións industriais.
- Prevención de riscos laborais no sector da construción.
- Prevención de riscos laborais no sector naval.
- Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos.
- Igualdade de oportunidades.
- Mellora de habilidades dixitais na percura de emprego.
Os interesados poden presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 14 de outubro, en horario de 8:30 a 13:30 horas. Ademáis, deberán aportar unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de Emprego, e o currículum académico e de experiencia laboral.
Tódolos interesados/as que presenten a solicitude deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección que se realizará posteriormente no Centro Municipal de Formación “Irmans Froilaz” (A Gándara).
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: do 3 ao 14 de outubro de 2011 no Rexistro Xeral do Concello, de 8:30 a 13:30 horas.
Documentación a presentar:
- Solicitude
- Fotocopia do DNI
- Tarxeta de demandante de emprego
- Currículum académico, de formación profesional e de experiencia laboral.
Proceso de seelección:
Todos/as os interesados/as que presenten solicitudes deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección na data sinalada máis abaixo no Centro Municipal de Formación Polígono da Gándara, parcela 112. 15570 Narón.
CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS EN DETALLE
Itinerario 1. Fontanería: Prevención de riscos laborais no sector da construción (60 horas) + Montaxe, instalación e reparacións interiores particulares de auga fría e quente (fontanería)(200 horas) + Prevención de riscos no sector naval (10 horas) + Curso de medio ambiente no sector naval (10 horas) + Mellora de habilidades dixitais na percura de emprego (20 horas) + Igualdade de oportunidades entre a muller e o home (10 horas).
Inicio: 2 de novembro de 2011
Fin: 6 de febreiro de 2012
Horario: 09:00-14:00
Itinerario 2. Carpintería: Prevención de riscos laborais no sector da construción (60 horas) + Iniciaicón á carpintería de madeira para traballos de reparación (200 horas) + Prevención de riscos no sector naval (10 horas) + Curso de medio ambiente no sector naval (10 horas) + Mellora de habilidades dixitais na percura de emprego (20 horas) + Igualdade de oportunidades entre a muller e o home (10 horas).
Inicio: 2 de novembro de 2011
Fin: 6 de febreiro de 2012
Horario: 09:00-14:00
Itinerario 3. Limpeza: Prevención de riscos laborais no sector da construción (10 horas) + Limpeza de edificios e instalacións industriais (100 horas) + Prevención de riscos no sector naval (10 horas) + Curso de medio ambiente no sector naval (10 horas) + Mellora de habilidades dixitais na percura de emprego (20 horas) + Igualdade de oportunidades entre a muller e o home (10 horas).
Inicio: 21 de novembro de 2011
Fin: 26 de xaneiro de 2012
Horario: 09:00-14:00
Prevención de riscos laborais no sector da construción (60 horas)
Inicio: 21 de novembro de 2011
Fin: 14 de decembro de 2011
Horario: 09:00-14:00
Curso de medio ambiente no sector naval (10 horas)
Inicio: 17 de xaneiro de 2012
Fin: 18 de xaneiro de 2012
Horario: 09:00-14:00
Igualdade de oportunidades entre o home e a muller (10 horas)
Inicio: 25 de xaneiro de 2012
Fin: 26 de xaneiro de 2012
Horario: 09:00-14:00
Prevención de riscos laborais no sector naval
(Pendente de datas)
Mellora de habilidades dixitais na percura de emprego
(Pendiente de datas)