NOVAS

Arranca en Narón o programa "ACTIVA"

Publicado o 11 de Setembro de 2012

Comeza no noso concello a posta en marcha do programa "ACTIVA".

Este programa pretende facer chegar á mocidade, a través dun obradoiro práctico e dinámico, tanto información sobre os recursos dispoñibles dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado como formación que lles poda axudar de cara a un futuro.
 
Os obradoiros que se ofertan dende Activa son os seguintes:

  • Mediación xuvenil para a participación.
  • Programas e axudas para mozos e mozas.
  • Emprégate.
  • Comunícate.

 

Ao Concello de Narón foille concedido o obradoiro de Programas e axudas para mozos/as que versará sobre as oportunidades e medios que ten este colectivo a súa disposición sobre vivenda, mobilidade, voluntariado, asociacionismo, emprego e  bolsas e  axudas.


Os contidos do obradoiro:

  • Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
  • Información e formación
  • Estrutura da rede galega de información e documentación xuvenil, instalacións da Xunta de Galicia a disposición da xuventude, espazos xove.
  • Participacion e asociacionismo
  • Voluntariado xuvenil
  • Mobilidade
  • Emprego
  • Vivenda
  • Ensino e bolsas

 


Esta xornada levarase a cabo o día 19 de setembro de 17:30 a 19:30 h na sá multiusos da Biblioteca Pública Municipal sita na rúa 25 de Xullo. As xornadas van destinadas á mozos e mozas menores de 30 anos, técnicos/as locais de emprego, animadores/as xuvenís, concelleiros/as de xuventude, asociacións, grupos informais e en xeral a calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude.