O curso é gratuíto e se impartirá en liña a través de Google Meet.
Enmarcado no convenio de colaboración entre o Concello de Narón e a Asociación Ferrolana de Drogodependencia (ASFEDRO), a entidade organiza un “Curso de mediadores /as sociais en prevención de condutas aditivas”. Esta acción formativa vai dirixida a persoas interesadas na prevención de condutas adictivas e que desenvolvan o seu labor en entidades e asociacións que formen parte do tecido social do concello de Narón. Obxectivos fundamentais deste curso son acadar a sensibilización da comunidade sobre as adiccións e a importancia de levar a cabo actuacións de prevención das condutas aditivas cos diversos colectivos cos que traballan.
No desenvolvemento do curso trataranse contidos como a saúde comunitaria; información sobre as condutas aditivas; adolescencia, drogas e adiccións; enfoques actuais, e o papel do mediador/a na prevención das condutas aditivas.
O curso é gratuíto e será impartido en liña a través da plataforma Google Meet. Terá unha duración de 14 horas desde o día 5 de novembro ate o día 17 de decembro de 2020, os xoves de 18.00 a 20.00 horas. As persoas interesadas poderán efectuar a súa inscrición, ate o día 4 de novembro ás 21.00 horas, a través do correo electrónico prevencionasfedro@gmail.com, facilitando nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto, dirección de correo electrónico e, se é o caso, a entidade ou asociación á que pertence.
Para máis información poden chamar ao número de teléfono: 981 37 21 12.