NOVAS

Automodelismo? En Narón si!

Publicado o 21 de Xullo de 2014

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Narón Radio Control (R.C.), Manuel Cendán, asinaron un convenio de colaboración a práctica do Automodelismo, cunha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2014). Na firma do documento tamén estivo presente a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida.

Este convenio non é económico senón que o Concello vai colaborar con esta entidade cedéndolles as instalacións do Circuito de Automodelismo de Río do Pozo, para que este club poida desenvolver a súa actividade.

Sabedes que en Narón temos automodelismo polo menos dende o ano 2007? Dende ese ano o RC Narón está practicando este deporte no concello, e organiza de xeito anual o Trofeo Cidade de Narón de Automodelismo.

Onde podedes atopalos? O Concello cédelle o Circuito de Río do Pozo co seguinte horario:

 

  • os martes e venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:30 horas, 
  • os sábados de 16:00 a 20:15 horas
  • os domingos de 10:00 a 13:00 horas. 

O Club abre as instalacións para uso libre daquelas persoas interesadas na práctica desta actividade os venres e sábados, en horario de mañá e tarde.