NOVAS

A Axencia de Lectura da Gándara estreará esta tarde o novo servizo de xogos de mesa para persoas co carné da Rede de Bibliotecas

Publicado o 21 de Outubro de 2019

A Concellería de Bibliotecas ofrecerá dende esta tarde un novo servizo a través da Axencia de Lectura municipal da Gándara.

As persoas co carné da Rede de Bibliotecas poderán desprazarse a diario ás instalacións –ubicadas na Casa da Mocidade- para facer uso do citado servizo entre as 16.00 e as 20.00 horas, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo.

Os xogos poderán utilizarse na propia Axencia de Lectura da Gándara ou no hall da Casa da Mocidade e están clasificados por idades e temáticas, según explicou a edil naronesa. Así mesmo, Taibo avanzou que se comeza cunha decena de propostas –como Jenga, Conecta 4, Letra a Letra, Story Cubes…- coa intención de incrementar esa oferta de xogos de mesa nos vindeiros meses. 

“Tralo inicio das obras de mellora de accesibilidade na Biblioteca central, actualmente en execución e que nos obrigaron a pechar temporalmente a sala infantil, temos reforzado o horario da Axencia de Lectura municipal da Gándara, donde se prestará este novo servizo, que animo a utilizar ás veciñas e veciños de Narón, dende esta mesma tarde”, apuntou Taibo.