NOVAS

Axudas para estudar idiomas durante o verán

Publicado o 09 de Abril de 2015

Axudas para estudar idiomas durante o verán

Quén as convoca ?

A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cantas son?

 Son 150 axudas para estancias nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2015 coa finalidade de coñecer a lingua dese país.

Cando se realizarán as actividades?

As actividades faranse dende o 15 de xuño ata o 30 de agosto de 2015 (ambos incluídos).

Canto é o máximo de axuda?

A dotación económica asignada a cada beneficiario é dun máximo de 900 €.

Cales son os requisitos?

  • Estar matriculado no curso 2014/15, como mínimo en 50 créditos, incluídos neles o proxecto fin de carreira en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos.
  • Ter superado 60 créditos con anterioridade á data desta convocatoria.
  • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais.
  • O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

Cando remata o prazo de entrega?

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de maio de 2015.

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED416A

Máis información no DOG do 8 de abril de 2015 e en www.edu.xunta.es