NOVAS

Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida

Publicado o 21 de Abril de 2015

Que requisitos se necesitan para optar a axuda?

A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao,licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2014-2015 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Que requisitos se necesitan para optar a axuda?

  1. Necesidade urxente de recursos económicos para paliar unha situación de emerxencia (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, separación...).
  2. Que a situación imprevista acontecese durante o actual curso académico 2014/15
  3. Estar matriculado neste curso, como mínimo en 50 créditos en estudos presenciais en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.
  4. Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior a 5.136'60€ (428'05 € mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
  5. Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

 

Que prazos existen para solicitar a axuda?

  • Se a causa aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda, o prazo da presentación estará aberto ata o 2 de maio.
  • Se a causa acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo será  de un mes desde que aconteceu a causa tendo como límite o 30 de setembro de 2015.

 

Onde podo presentar a solicitude? Pódese presentar en https://sede.xunta.es co procedemento ED433A

Onde podo pedir máis información? No DOG do 1 de abril de 2015 ou en www.edu.xunta.es