A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
Para máis información entra no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18524-orde-de-axudas-para-os-permisos-de-conducion-clases-b-e-c
O prazo para presentar solicitudes estará aberto do día 10 de marzo ata o día 31 de xullo de 2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.