NOVAS

BB Circus: circo solidario

Publicado o 27 de Decembro de 2016

Este vindeiro xoves, 29 de decembro de 2016, o Pazo da Cultura de Narón acollerá o espectáculo BB Circus. 

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o este xoves, día 29, o espectáculo BB Circus. A compañía Asacocircus (www.asacocirco.com) é a protagonista desta convocatoria, centrada no teatro e nos números circenses. BB Circus é unha aposta teatral baseada nas artes circenses pensada especialmente para as familias con nenos e nenas de 6 meses a 6 anos.

A cita está enmarcada na programación de Nadal do Concello de Narón. O espectáculo, que terá lugar a partir das 18.00 horas no Pazo da Culturaé de balde, se ben as persoas interesadas en asistir deben recoller previamente as invitacións na billeteira do Pazo da Cultura. A cambio, terán que achegar o día do espectáculo algún alimento ou produto de hixiene, preferiblemente para os menores, que será entregado ao Centro de Recursos Solidarios de Narón

A música, a narración, os números circenses e o teatro darán forma a esta proposta, na que os nenos e nenas e as súas familias xogarán un papel fundamental, implicándose no espectáculo desde o inicio do mesmo.

Máis información:

  1. Web: http://apego.gal/event/bb-circus-en-naron/ 
  2. Teléfono: 981 102 897