NOVAS

Becas Culturex: Últimos días

Publicado o 23 de Marzo de 2015

O MEC (Ministerio de Eduación, Cultura e Deporte) ten aberto o prazo de solicitude para 16 bolsas "Culturex" de formación práctica en xestión cultural para mozos e mozas españois no exterior, en institucións culturais, oficinas comerciais e embaixadas e consulados españois.

Estas bolsas preséntanse en 3 modalidades:

  1. Modalidade A: Bolsas Culturex con destino en institucións culturais de excelencia no exterior: 9 bolsas.
  2. Modalidade B: Bolsas Culturex con destino en embaixadas e consulados de España no exterior: 4 bolsas
  3. Modalidade C: Bolsas Culturex con destino en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior: 3 bolsas..

Na Modalidade A. Institucións culturais: 9 bolsas

  1. BOZAR, Palais deas Beaux-Arts (Bruxelas).
  2. Centre Pompidou (París).
  3. Frankfurter Buchmesse (Frankfurt).
  4. Fundação de Serralves (Porto).
  5. HAY Festival of Literature & The Arts (Londres).
  6. Jeu De Paume (París).
  7. National Gallery of Art (Washington).
  8. Real Academia de España en Roma.
  9. Tate Modern (Londres).

Modalidade B. Representacións diplomáticas - Oficinas culturais: 4 bolsas.

  1. Embaixada de España en Londres.
  2. Embaixada de España en Seúl.
  3. Representación Permanente de España ante a U.E. (Bruxelas).
  4. Representación Permanente de España ante a UNESCO (París).

Modalidade C. Representacións diplomáticas-Oficinas Económicas e Comerciais: 3 bolsas.

  1. Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Los Ángeles (EUA).
  2. Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Miami (EUA).
  3. Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Sao Paulo (Brasil).

As persoas que queirades solicitar estas bolsas debedes cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española.
  • Estar en posesión da titulación académica oficial de Licenciatura ou Grao.
  • Estar en posesión dunha titulación de posgrao en xestión cultural e/ou ámbitos afíns.
  • Posuír o Nivel equivalente ou superior ao B2 do Marco Común Europeo de Referencia no idioma oficial do destino solicitado. Nos destinos de fala non inglesa posuír ademais o Nivel equivalente ou superior ao B1 do MCER para linguas, do idioma inglés.
  • Non ter superado os 35 anos de idade, na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo? Ollo, son os últimos días, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de marzo de 2015

Máis información no BOE do 16 de febreiro de 2015 e en www.cultura.gob.es/becas/index.html