NOVAS

A Biblioteca abrirá mañá o prazo de inscrición no obradoiro infantil Así como cho conto!

Publicado o 03 de Xuño de 2019

O Concello convoca unha nova actividade na Biblioteca municipal dirixida a nenos e nenas a partir de catro anos.

 Así como cho conto! é o título desta proposta, que se celebrará a partir das 11.00 horas e para a que se abrirá mañá martes –a partir das 16.00 horas- o prazo de inscrición, podendo tramitalas no mostrador da sala de adultos/as da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións, tal e como avanzou a concelleira en funcións da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo. 

Os menores participarán nun obradoiro no que se lles explicará todo o proceso dende que xorde unha nova ata que reciben información sobre a mesma, centrándose nos elementos claves, nas canles de comunicación e nos papeis que xogan no proceso os emisores e receptores da información. “Os nenos e as nenas terán a oportunidade de exercer durante unhas horas de xornalistas, e entre todos redactarán unha nova que lles gustaría ver publicada nun xornal e transmitiranlla aos seus compañeiros e compañeiras, aprendendo así un proceso habitual desta profesión”, explicou.

Para inscribirse, subliñou Taibo, é preciso que os nenos e nenas non teñan sancións pendentes no carné da rede de Bibliotecas.