O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que no ano académico 2016 - 2017 vaian a realizar estudos postobrigatorios, sempre e cando teñan validez no territorio español.
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que no ano académico 2016 - 2017 vaian a realizar estudos postobrigatorios, sempre e cando teñan validez no territorio español.
De que ensinanzas estamos a falar?
Ensinanzas postobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias:
- 1º e 2º de Bacharelato.
- F.P. de grao medio e superior.
- Ensinanzas artísticas profesionais.
- Ensinazas deportivas.
- Ensinanzas artísticas superiores.
- Estudos relixiosos superiores.
- Estudos militares superiores.
- Estudos de idiomas en E.O. de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.
- Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e concertados.
- F.P. Básica.
Ensinazas Universitarias:
- Ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior para a obtención do título de Grao e Máster.
- Ensinanzas para a obtención de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
- Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos en universidades públicas.
- Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
Tes que ter en conta que estas axudas non afectan a estudos de terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
Como podo presentar as solicitudes?
- A solicitude se ten que cumprimentar mediante o formulario que podes obter aquí: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?convocatoriaForm.idTema=6
Precisas máis información?
- Ti es un ou unha estudante non universitario/a? Clica aquí.
- Precisas información sobre as axudas para estudos universitarios? Clica aquí.
O prazo? Hai dous prazos diferentes en función do tipo de estudos:
- Estudos non universitarios: 3 de outubro.
- Estudos universitarios: 17 de outubro.
Descarga o BOE nº 195, do 13 de agosto de 2016 no que se fai a convocatoria destas becas:
Documento | Tamaño |
---|---|
Convocatoria General Becas Curso 2016-2017 | 420.27 KB |