NOVAS

Bolsas para cursos intensivos de Alemán en Alemaña

Publicado o 04 de Novembro de 2013

Quen pode solicitar estas bolsas? Poden solicitar as bolsas estudantes de todas as facultades (con excepción de Filoloxía Alemá, Alemán como lingua estranxeira, Tradución e Interpretación con alemán e Linguas Modernas e as súas Literaturas con alemán), que ao comezo da bolsa cursasen polo menos dous anos de estudos superiores, así como titulados/as que estean a traballar no ámbito universitario e doutorandos.

No caso dos titulados/as e doutorandos non deberon transcorrer máis de seis anos dende a obtención da última titulación no momento de solicitar a bolsa.

Os candidatos e candidatas que desexen solicitar esta bolsa teñen que estar matriculados/as nun centro de ensino superior de España, e que sexa o seu país de residencia permanente, no momento de pedir a bolsa e no momento de iniciar a estanza en Alemaña.

Hai que saber algo de alemán? Pois si... Os coñecementos de alemán deberán corresponder como mínimo ao nivel A2 e como máximo ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).

Hai máis requisitos? A idade mínima ao inicio da bolsa é de 18 anos.

Ollo! Os candidatos e candidatas que obtiveron unha bolsa do DAAD para asistir a un curso intensivo de lingua alemá ou a un curso de verán non poden volver solicitar ningunha destas bolsas por un periódo mínimo de tres anos.

Ata cando podemos solicitar estas axudas? Tedes de prazo ata o 1 de decembro

Se necesitades máis información: http://www.daad.es/