Estas bonificacions permitirán ós usuarios unha subvención do 75% do prezo do billete (o Concello aporta o 50% e a Universidade da Coruña outro 25%) de xeito que tan só deberían pagar o 25% restante.
A Concellería de Ensino de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, abre o luns 26 de setembro o prazo para solicitar o bono-bus universitario para alumnos/as da Universidade de A Coruña.
Estas bonificacions permitirán ós usuarios unha subvención do 75% do prezo do billete (o Concello aporta o 50% e a Universidade da Coruña outro 25%) de xeito que tan só deberían pagar o 25% restante.
Os interesados poderán solicitar a bonificación para o bus universitario durante os 20 dias seguintes á apertura do prazo, e achegar xunto coa solicitude que se entrega no Rexistro, a seguinte documentación:
- fotocopia do DNI.
- fotocopia do expediente académico (salvo os alumnos que comencen este ano a universidade).
- fotocopia da matrícula do curso correspondente.
- fotocopia da declaración da Renda da unidade familiar.
- declaración xurada conforme non recibe ningunha axuda máis polo mesmo concepto.
A Concellería de Ensino ten asinado un convenio coa Universidade da Coruña, para facilitar os desprazamentos ó Campus de Ferrol e tamén ós de A Coruña. Ademáis, invirte unha cantidade de 20.000 euros anuais en bonificacións para o bono bus universitario e para transportes escolares.
A Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, insistíu na importancia cada vez maior que cobra o Concello á hora de defender e garantir os servizos complementarios do ensino, nestos momentos de crise económica. Por este motivo, fixo un chamamento ás administracións públicas con competencias na materia para que “realicen un esforzo en sectores sensibles que protexen dereitos básicos da cidadanía e garanten a igualdade de oportunidades”, concluíu a edila.