NOVAS

Cabalgata Solidaria, música e teatro neste Nadal en Narón

Publicado o 28 de Decembro de 2015

As actividades programadas polo Concello de Narón con motivo das festas de Nadal continuarán desenvolvéndose ao longo desta semana e ata o vindeiro 5 de xaneiro.

  • Esta mesma tarde ás 18.00 horas o auditorio municipal acollerá o espectáculo musical “O soño de Zalo”, a cargo de As Maimiñas. A actividade, prevista inicialmente na Praza de Galicia, trasladouse a un espazo cuberto debido á alerta por temporal. É de balde! E está organizada desde a Concellería de Ensino e dirixida a nenos e nenas de entre 0 e 10 anos e ás súas familias na que Mai e Miña, as protagonistas da historia xunto co seu can Zalo, contarán un sinfín de divertidas aventuras. 
  • Hoxe no Pazo da Cultura teremos máis actividades, neste caso un espectáculo de maxia que protagonizará Dani García, a partir das 18.00 horas e dirixido ao público familiar e infantil. As entradas custan 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
  • O Pazo será de novo mañá. martes 29 de decembro, o escenario no que se desenvolverán novas actividades culturais. A compañía Os Monicreques de Kukas representará “A frauta Máxica do Maxín”, unha peza destinada ao público familiar e infantil que ten unha duración dunha hora e na que a música xoga un papel fundamental. 
  • O mércores día 30 continuará o teatro no Pazo da Cultura. Nesa ocasión a compañía Borobil Teatroa representará “Alí Babá”. Estes dous actos comezarán ás 18.00 horas e as entradas a cada un deles custan 9,50 euros ao público en xeral e 6,65 a aquelas persoas que poidan acollerse a algún desconto.
  • A música retomarase de novo tralas campañadas de Fin de Ano e a praza de Galicia acollerá a tradicional festa coa que celebrar a chegada de 2016. Baixo unha gran carpa actuarán as orquestras New York e Imperium Road Show e o DJ Donper, a partir das 00.30 horas do 1 de. A convocatoria tamén é de balde.
  • O día 3 de xaneiro haberá tamén actividades para os nenos e nenas e para os adultos. A Praza de Galicia acollerá unha nova Festa Infantil, desde as 16.00 ata as 20.00 horas, con xogos, animación, inchables e moitas sorpresas para os menores. A partir das 19.00 horas a oferta diversificarase no Pazo da Cultura, coa actuación de Concerlírica, que protagonizará o ballet “El lago de los cisnes”. As entradas ao espectáculo –de algo máis de dúas horas de duración- custan 22 euros para o público en xeral e 15,40 para abonadospersoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e persoas desempregadas.
  • A última das actividades programadas polo Concello para este Nadal é a Cabalgata Solidaria que o día 5 de xaneiro partirá de Xuvia ás 16.00 horas. Da comitiva, formada por trece carrozas –unha procedente de cada parroquia do municipio e outra do Centro de Recursos Solidarios, que levará alimentos- formarán parte os tradicionais Reis Magos e tamén o Mago Artabán e irá percorrendo distintas ubicacións das zonas rural e urbana de Narón