NOVAS

Campamentos de Verán

Publicado o 26 de Abril de 2012

O Concello de Narón abrirá o venres 27 de abril e ata o venres 1 de xuño o prazo de solicitude para participar nos Campamentos Deportivos 2012 da Deputación de A Coruña.

Os interesados poderán obter a documentación e formalizar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón, de luns a venres en horario de 8:30 a 13:30 horas, e os sábados de 9 a 13 horas. Tamén se pode obter información nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, e na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Estos campamentos foron solicitados pola Concellería de Deportes de Narón ó organismo provincial.

A Deputación de A Coruña concedeu a Narón un total de 12 prazas, nas datas comprendidas do 1 ó 7 de xullo de 2012. Se o número de demandas supere á oferta, realizarase un sorteo público das prazas. As idades dos participantes estarán comprendidas entre os 9 e os 13 anos, e os que resulten elexidos abonarán 85€ como cota de participación na conta bancaria que no seu momento determine a Deputación, unha vez realizado o sorteo. A matrícula inclúe todos os gastos relacionados coa actividade: estadía, manutención, transporte interno para a realización das actividades, etc…

O campamento levarase a cabo no Colexio Calvo Sotelo (rúa Archer Milton Huntington) de A Coruña. Os participantes poderán practicar deportes coma o golf, a vela de cruceiro, o tenis, e o volei praia. A organización recomenda levar o seguinte equipo: roupa interior, roupa de rúa (pantalóns, camisas, camisetas…), equipamento deportivo (chandal, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, e traxe de baño), toalla de baño, útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante), cantimplora, gorras e gafas para o sol, crema protectora para o sol, chuvasqueiro, e mochila.

Para formalizar a inscrición, deberá entregarse no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
  2. Unha fotografía tipo carné.
  3. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
  4. Fotocopia do Libro de Familia ou DNI.
  5. Copia de pagamento da cota de inscrición, posterior á confirmación da praza por parte do Concello.
  6. No suposto de que o neno/a debera ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.