Trátase dun programa de actividades que terá lugar nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas.
Pódese participar nalgún dos seguintes programas:
- Programas de actividades que se realizarán en Galicia.
- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
- Campos de traballo en Galicia.
- Campos de traballo noutras comunidades autónomas.
- Campos de traballo no estranxeiro.
- Actividades para maiores de 18 anos
As mozas e mozos galegos con discapacidade,en función das limitacións que presenten,poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
No suposto de abandono da actividade ou expulsión da persoa participante será responsabilidade dos pais e nais ou dos titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.
Servizos:
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación das mozas e mozos.
- O aloxamento nun albergue xuvenil, nunha residencia xuvenil ou nun campamento xuvenil.
- A manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
Participantes:
- As persoas nacidas no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
- As persoas nacidas no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento
Prazo de presentación: 15 días naturais que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia.
Descontos:
- 50% para membros de familia que teñan o título de numerosa.
- 25% para as persoas usuarias do Carné Xove
Os descontos citados en ningún caso serán acumulables.
Sorteo de 10 prazas de Balde por vía eléctronica
Se estás interesado/a e queres máis información, descarga e consulta a seguinte documentación: