Oe! Temos unha idea! Imos de campamento?
O Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría Xeral de Política Social convoca campamentos para persoas con discapacidade, para o verán 2014.
Estes campamentos contarán cun programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilitará a interacción dos participantes.
A quen vai destinado?
Aquelas persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
Cales son os requisitos que temos que cumprir?
- Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%
- Estar empadroad@s nalgún concello de Galicia.
- Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización
- Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade
- Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita
- Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver
A que campamentos podemos ir? Ollo, que temos un ben cerquiña! Vilarbó prepárate!
- Albergue Xuvenil de Gandarío. Bergondo-A Coruña.
- idade de 19 a 25 anos: do 1 ao 10 de agosto. Prezo: 125 €
- idade de 26 a 40 anos: do 11 ao 20 de agosto. Prezo: 125 €
- Residencia de Tempo libre de Panxón. Nigrán. Pontevedra.
- idade de 11 a 14 anos: do 1 ao 10 agosto. Prezo: 125 €
- idade de 15 a 18 anos: do 1 ao 10 setembro. Prezo: 125 €
- ASPANAS Termal. Cámping Municipal de Untes. Ourense.
- idade de 11 a 14 anos: do 1 ao 10 agosto. Prezo: 125 €
- idade de 15 a 18 anos: do 11 ao 20 agosto. Prezo: 125 €
- Escola de Tempo e Aire Libre Néboa. Vilarbó. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
- idade de 19 a 25 anos: do 28 xullo ao 6 agosto. Prezo: 125 €
- idade de 26 a 40 anos: do 7 ao 17 agosto. Prezo: 125 €
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata 21 de xuño.
Precisades máis información? Se precisades maís información consultade a seguinte ligazón, onde tamén poderedes descargar os impresos:
http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran
Ou xa sabedes...dádenos un toke!