NOVAS

Campamentos Deportivos 2013 do Concello de Narón: aberto o prazo

Publicado o 02 de Maio de 2013

Campamentos? Deportivos? Chachi!

O Padroado de Deportes do Concello de Narón abre hoxe 2 de maio o prazo de preinscripción para participar nos Campamentos de Verán da Deputación de A Coruña.

Ata cando podemos inscribirnos? Os interesados terán de prazo ata o 16 de maio.

Onde? As instancias pódense recoller nas oficinas de deportes do Complexo Polideportivo de A Gándara, na Oficina de Información Xuvenil do Concello (OMIX- situada no 1º andar do Concello) ou no Rexistro Xeral do Concello. Neste último lugar haberá que presentalas debidamente cubertas.

A quen vai destinada esta iniciativa? Os destinatarios son nenos/as de Narón, nados/as entre os anos 1999 e 2003, ambos incluídos.

Canto nos vai costar? O prezo é de 85 euros.

Cando van ser? Agora? Non! As datas deste campamento (corresponden á primeira quenda) son do 30 de xuño ó 6 de xullo.

Podemos ir todos os rapaces e rapazas de Narón? Ollo, só existen 18 prazas dispoñibles, que se adxudicarán por sorteo o día 21 de maio.

Onde vai ser? O campamento se desenvolverá no Centro Calvo Sotelo de A Coruña, onde os participantes poderán realizar actividades deportivas, participar en veladas nocturnas e realizar actividades culturais. Ademáis, este ano como novidade ofértanse clases de inglés.

Que papeles temos que entregar? A documentación necesaria para solicitar praza nestes campamentos é a seguinte:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
  2. Unha foto tipo carné.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Fotocopia do Libro de Familia ou DNI.
  5. Volante de empadroamento no concello.
  6. Copia de pagamento da cota de inscrición (despois de realizado o sorteo das prazas, e confirmadas a mesmas).
  7. Xustificante médico no caso de ter algunha doenza, tratamento específico ou alerxia.

 

Para máis información, pódese consultar a web www.dicoruna.es

Descargade aquí o folleto informativo: